top of page




Kirenia Danza investiga o corpo como centro do pensamento artístico e político, creando obras que hibridan danza, palabra, teatro físico e prácticas ecosomáticas. A compañía explora identidade, migración, ecofeminismo, anti-idadismo e vulnerabilidade como forza transformadora.
O seu traballo baséase na dramaturxia do corpo, na investigación continua e na creación de espazos sensibles onde a experiencia vital se sutura en escena. Honestidade, risco e presenza son os eixes que definen a súa linguaxe artística.

Kirena Danza conta con financiamento da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia.
bottom of page





