


ANTÓN REIXA
POETA, ESCRITOR E CREADOR AUDIOVISUAL
Vigo (1957). Licenciado en filoloxía galega, escritor (poesía, teatro, narrativa e prensa).
Creador audiovisual (dirección, produción, guión cinema e Tv, vídeocreación). Músico (cantante e letrista, fundamentalmente co grupo Os Resentidos). Exerceu como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Dirixiu e presentou programas de radio.
Comezou o seu traballo literario como membro fundador do grupo de comunicación poética Rompente. Impartiu conferencias e sesións de masterclass en diferentes universidades e centros culturais. Ten participado en numerosos recitais cos seus propios poemas. Foi o máximo responsable da produtora Videoesquimal. Presidiu a produtora Filmanova e as súas filiais entre 1999 e 2017 con éxitos como Mareas Vivas ou O Lapis do Carpinteiro.Foi presidente do Clúster Audivisual de Galicia e de SGAE.
Traballou na filmoteca de Galicia (CGAI), en comisión de servizos para AGADIC.
Colabora habitualmente en Luzes.gal e como tertuliano no programa de radio de Julia Otero. Continúa co seu traballo literario e de letrista, a mais de colaboracións en prensa e para outros proxectos audiovisuais.
En teatro ten unha longa experiencia: “Gulliver FM” (1985, Grupo Artellllo, autor), “After Shave” (1986, musical, autor, director e produtor), “Doberman” (1994, autor), autor de tres espectáculos coa compañía suiza “L’Alakran” (director Oskar Gómez Mata), colaboración con “La Fura Dels Baus”, produtor de “Mundo Lois” e do musical “Galicia Caníbal”. Autor e actor de “Melancoholemia” (director Fernando Bernues) e con Antela Cid, Crémilo o CDG e A Cidade da Cultura para o programa Clásicas Desfeita, a produción de Míticas pero Secundarias (autor, director e intérprete).
En 2021 foille concedida polo goberno español a medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes. No 2023 recibe o III Premio Plataforma na IV edición do Festival Plataforma organizado pola Cooperativa Performa - Santiago de Compostela 2023.
Bibliografía:
Poesía
-”Viva Galicia Beibe” (cancións 1982-2016) (Xerais, 2016)
-”Algo Raro Pasa Raro”, 2015, edición bilingüe galego-castelán (La Oficina)
-“Leccións de Cousas”, 2012; .edición bilingüe galego-castelán (La Oficina)
-“Látego de Algas” 2008 (editorial Espiral Mayor)
-“Escarnio”, libro-cd rom (El Europeo-Esan Ozenki, 1999)
-”Ringo Rango”, vídeo-libro (edicións Xerais, 1992)
-”Historia do Rock and Roll” (Universidade de Santiago de Compostela, 1984, Premio Galicia.
-”A Dama que fala”(Xerais 1983, colectivo Rompente)
-”As ladilllas do Travesti” (Rompente Edicións, 1979)
-”Silabario Da Turbina” (Rompente Edicións 1978, colectivo)
Narrativa
- “Transporte de superficie” (Edicións Positivas)
-”MICHIGAN/ Acaso Michigan” (Edicións Xerais Circulo de Tiza)
Teatro
-“Gulliver FM” (Grupo Artello, 1985)
-”After Shave” (1986)
-”Doberman” (1994)
- “El Silencio de las Xigulas” (Legaleón Teatro)
-“Cerveau Caboossé 2: King Kong Fire” (con Oskar Gómez, Alakran, Suiza 2004)
-”Estoy en misa, vuelvo enseguida” (con Oskar Gómez, Alakran, Suiza, 2010)
-Galicia Caníbal (produtor, 2012)
-”Mundo Lois” (2010, sobre textos de Lois Pereiro, produtor)