PAULA QUINTAS
BAILARINA
Información
Paula Quintas é bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e pedagoga.Os seus traballos destacan pola estética do corpo en diálogo co movemento, xerando un compoñente visual e circunstancialmente audiovisual.
É codirectora do Festival Corpo(a)Terra e traballa coa pedagoxía da danza en Danza Alfaia, cunha liña de investigación contemporánea contorna ao corpo e lineas alternativas de aprendizaxe en Santiago de Compostela. Ademais é especialista en Técnica Laban impartindo talleres en diferentes conservatorios.
Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela en Historia da arte, presentando o seu proxecto final de carreira en Body Art e vídeo-creación, graduada no Conservatorio Trinity Laban en Danza contemporánea e diplomada en National Centre for Circus Arts de Londres.
É Máster en Artes escénicas coa proposta de investigación “Filosofía e estética do corpo no circo coreografiado” pola Universidade Rey Juan Carlos – URJC (Madrid) 2019-2020, dirixido por Carlos Roldán. Actualmente, investiga na Universidade de Vigo, unha tese doutoral , dentro do programa creación e investigación en arte contemporánea co director Carlos Tejo.
Os seus últimos espectáculos como creadora son Multiperspectivas (2021), Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma (non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2down (2015).
Forma parte da compañía trasPediante, como contedor de proxectos relacionados coa danza e artes de movemento, ademas de formar parte doutras compañías como Pisando Ovos, Pistacatro, Cia Jui- Wei Hung e Kirenia Danza.
Traballa na xestión e promoción da formación profesional dentro do ámbito da danza e o circo na comunidade galega, sendo a representante da Danza e o Circo na Comunidade de Galicia, en Escena Galega (Asociación Profesional de Artes Escénicas de Galicia).