ESTEFANÍA GÓMEZ
BAILARINA, COREÓGRAFA E ACTRÍZ
Información
Sada, 1984
Titulada en Danza Clásica polo Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña.
Especialízase en Danza Contemporánea e segue en constante formación asistindo a cursos con profesionais tanto do ámbito nacional como internacional. A súa tremenda curiosidade lévaa a introducirse tamén no mundo do teatro, danzas urbanas, cabaret, danzas aéreas, clown… Todas as ferramentas adquiridas ao longo dos anos fan que se interese e investigue unha linguaxe/danza máis persoal e libre que está en constante cambio.
Directora artística do Festival de Danza QUINCEGOTAS (Festival que se desenvolve en espazos urbanos na cidade da Coruña dende o ano 2015).
Forma parte de proxectos artísticos e educativos dentro da comunidade, co Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña a través da plataforma TRC Danza (“Comunidades en movemento”, dirección e coreografía con Exire) coa Asociación Down Coruña e é Artista de Danza co proxecto MUSE da Fundación Yehudi Menuhin, “Educar con las Artes”.
Como docente inicia a súa experiencia no ano 2006 en Artestudio Xestión Cultural ata a actualidade e no Centro de Artes Laboratorio Escénico Coop.
En 2021 comeza como bailarina no novo proxecto da Cía. Kirenia Danza “Tres Tristes 2.0”, coproducida polo CCG – AGADIC – Cía. Kirenia Danza – Xacobeo 2021.
Co-creadora da Compañía de Danza Exire xunto con Alba Fernández, onde ambas exercen de directoras, coreógrafas e bailarinas. Conta con máis de 12 anos de experiencia e unha gran cantidade de actuacións pola xeografía galega. Cía Exire tamén imparte cursos de danza e realiza intervencións en centros educativos e festivais de danza fóra de Galicia.
Premios
2019
2020
NEXOS, de Cía Exire, Premio á Mellor Coreografía no XVIII Festival DZM - Plataforma Diálogos Contemporáneos - Cáceres.
LEIRA, de Nova Galega de Danza, Premio MIT Ribadavia
Traxectoria artística
2006-2016
2008-2011
2011-2019
2015-2019
2020
2021
2023
- Co-coreógrafa e bailarina na Compañía As Dríadas
- Actriz e bailarina na Compañía Artestudio Teatro
(“La vuelta al mundo en menos de una hora” coa colaboración da orquestra Sinfónica de Galicia, “Valados”, “Cantas que Cantar”)
- Co-coreógrafa e bailarina na Compañía Catronometro
(“A Cor das Mapoulas”, “Excusado” con dirección de Rut Balbís da Compañía Pisando Ovos, “Bótoche unha man?”)
- Compañía Entremans, Bailarina substituta na peza “Blondy ́s Coffee, peza soa para dúas mulleres” en 2011 e “Xoga”, en 2018. Bailarina e co-coreógrafa con Kirenia Martínez de “Gaia” peza de danza contemporánea para público infantil, seleccionada para a Feira de Artes Escénicas de Galicia 2018 e o circuíto de Danza Escena 2019
- Coreográfa e bailarina na Compañía Liza's Ladies (Pasacalles modernistas)
- Bailarina en Nova Galega de Danza, LEIRA (2020), premiada na MIT Ribadavia 2020, e noutras pezas da compañía como TRADICCIÓN
- Bailarina en Kirenia Danza, TRES TRISTES 2.0
- Bailarina en Kirenia Danza, AFECTOS