ESTHER LATORRE
BAILARINA
Información
Lugo, 1990
Graduada en danza contemporánea no Conservatorio de danza de Lugo e merecedora do Premio á excelencia, forma parte da primeira promoción de profesionais en danza contemporánea de Galicia, diplomándose tamén en Maxisterio de educación física na mesma cidade en 2012.
Dende entón, traballou con compañías como Jove Companyia de Danza Gerard Collins (Valencia), Moudansa (Valencia), Companhia de Dança do Norte (Portugal), cía Maduixa Teatre (Premio Max a Mellor Espectáculo de Rúa por “Mulïer”; Premio Moritz Millor Estrena de Carrer 2016; Premio Umore Azoka 2017 (País Vasco), Premio Artes Escénicas Valencianas do IVC en 2018) e nas coproducións do CCG “E_Migrantas” e “Primeiro a vida” de Kirenia Martínez.
Dende 2016 codirixe a cía Colectivo Glovo, percorrendo dende a súa formación países coma España, Portugal, Italia ou México, entre outros. Coa súa primeira peza M A P A, recibiu mencións en Corto In Danza (Italia) e La Espiral Contemporánea (Santander), así coma o premio do público no Certame Coreográfico Internacional de Solos e Dúos SÓLODOS en Danza (Ourense) ou o Primeiro Premio no Certame Coreográfico Internacional de Burgos & Nueva York – Bailando con pedras.
Foi tamén merecedora do primeiro premio no Certame Coreográfico Delmar 2015 (Valencia) e gañadora do premio a Mellor intérprete de danza contemporánea no 11º Certame de danza Gerard Collins.
Dende 2019 colabora coa firma de moda Adolfo Domínguez.