top of page

ICONO OTERO

DIRECCIÓN E COREOGRAFÍA:
Kirenia Martínez Acosta
 
BAILARINA:
Paula Quintas
 
ESCRITA E ASISTENCIA COREOGRÁFICA:
Branca Novoneyra
PRODUCIÓN:
Uxío Novo
Créditos:
  • Compañía: Kirenia Danza

  • Dirección: Kirenia Martínez

  • Creación coreográfica: Kirenia Martínez e Paula Quintas

  • Intérprete: Paula Quintas

  • Poesía: Branca Novoneyra

  • Espazo sonoro e música orixinal: La Shica (Elsa Rovayo) e Bruno Baw, Moisés Fernández e Rubén de Marchena.

  • Deseño gráfico e fotografía: Fotográfica Oviedo

  • Videocreación: Carlota Mosquera

  • Iluminación: Javier Gey

  • Vestiario: Kirenia Martínez e Paula Quintas

  • Produción: Uxío Novo

  • Agradecementos: Fundación Sgae e Treparole

  • Distribución: Kirenia Danza

IMG_7942-copia-scaled.jpg
IMG_7939-copia-scaled.jpg
IMG_8150-copia-scaled.jpg
poster-_otero-_icono_2-versiones-5-200x300.jpg
IMG_8208-copia-scaled.jpg
poster-_otero-_icono_2-versiones-9-212x300.jpg

SOBRE A PEZA:

É un proxecto coreográfico documental que desexa construír unha biografía bailada sobre A bela Otero, a icona da Belle Époque parisiense.

Unha muller feita a si mesma, galega de nacemento, que chegou a ser a pesar dos prexuízos implícitos da dimensión rosa da súa vida, a bailarina española máis famosa de finais do século XIX.

Kirenia Martínez proponnos, xunto á bailarina Paula Quintas, desenvolver un discurso de memoria alternativo para descubrir o achegamento á escena moderna danzaria e rescatar a súa identidade como muller emigrante e culta. Unha proposta contemporánea, cinematográfica e sonora que viaxa da poesía ao corpo e do conceptual ao tradicional e identitario.

Como bailaba Carolina Otero? Como conecta a súa influencia na escena moderna coa práctica coreográfica actual?

poster-_otero-_icono_2-versiones-3-1-scaled-e1662554415229.jpg

Icono Otero:

"Icono Otero" é un proxecto coreográfico sobre a apropiación cultural que construíu a fascinante biografía de La Bella Otero. Carolina Otero foi a personificación da Belle Époque, coa súa exótica danza encantou a todos ao representar o cánon de beleza da muller española. A identidade da Bella Otero foi un produto de grande éxito da mercadotecnia inspirada no exótico e pasional da muller española.

 

Carolina Otero presentábase como xitana de Cádiz cando na realidade era galega, sendo oriúnda de Valga (Pontevedra), aldea da que fuxira tras sufrires unha violación que a deixara estéril con once anos de idade. Logo de emigrar a Lisboa e Cataluña, estableceuse en París, e alí transformouse nunha das estrelas do mítico cabaré Folies Bergère e xirou polos teatros máis importantes do mundo enteiro. Este proxecto coreográfico desexa construír unha biografía bailada da Bella Otero. A través da danza este proxecto quere rescatar a súa identidade como muller emigrante e culta, como mito erótico e artista de fama internacional, galega e xitana, e proxectar un documento coreográfico sobre a identidade da muller española exótica e típica da época colonial. Como bailaba Carolina Otero? Quen foi na realidade o maior mito erótico español de finais do XIX? Como conecta a súa influencia na escena moderna coa práctica coreográfica actual?

 

Muller emigrante feita a sí mesma, acompañante de homes ricos e poderosos, artista de éxito internacional; inmensamente rica, adicta ao xogo, moza belísima que se retirou con corenta e seis anos para evitar a decadencia pública, e finalmente anciá arruinada e esquecida. “A bailarina española” é o título deste proxecto por un poema que o poeta cubano José Martí escribiu despois de asistires a un recital neoiorquino da Bella Otero no 1890. Este poema modernista do heroe da independencia da antiga colonia é de lectura obrigatoria nas escolas cubanas. Que tipo de apropiación cultural sustentou o éxito da danza desta bailarina española que fascinou ao poeta cubano da independencia? Desde o recitado de memoria da bailarina española de José Martí, construiremos unha coreografía desde a fisicalidade da danza contemporánea acompañada de achegas documentais tales como imaxes de postais da artista, unha gravación de 1890 onde se pode ver a Carolina Otero bailando O Valse Brillante de Chopin, datas acompañadas de feitos documentados da súa biografía e contextualizados historicamente.

 

Sen dúbida A Bella Otero entronca coas actuais artistas de trap e coas cupletistas de principios do XX, aquelas artistas que durante as primeiras décadas do século XX continuaron a senda da Bella Otero, Loïe Fuller ou Josephine Baker. Estas grandes artistas desenvolvéronse dentro dunha escena moderna caracterizada pola liberdade do corpo e o exotismo identitario que, en múltiples ocasións, ocultara a procedencia destas mulleres emigrantes que construíron cun discurso artístico sobre o exótico, a súa identidade para triunfar nos cabarets e teatros da Belle Époque. O interese pola figura de Carolina Otero rexurdiu nas últimas décadas coa publicación das biografías noveladas de Carmen Pousadas e Ramón Chao, a produción dunha miniserie sobre a súa vida e numerosos artigos trataron a dimensión social da súa figura. Con este proxecto de laboratorio interésanos recuperar o seu achegue á escena moderna e despregar unha memoria actualizada sobre a súa danza. O obxectivo deste proxecto coreográfico é desenvolver un discurso da memoria alternativo ao que a propia Bella Otero construíu durante o seu longo retiro en Niza, localidade da Costa Azul que a acolleu na súa última época. A Bella Otero morreu aos 97 anos despois de dilapidar a súa inmensa fortuna xogando á ruleta. O Casino de Montecarlo outorgoulle unha pensión vitalicia polo charme co que se xogara súa gran fortuna.

 

Lonxe de implícitos e prexuízos sobre a dimensión rosa da súa figura, é desde un discurso coreográfico contemporáneo desde onde queremos descubrir a achega á escena moderna da bailarina española máis famosa de finais do século XIX.  

IMG_8020-copia-scaled.jpg
bottom of page