Sobre a peza
Cada momento son dous momentos.
Mais en qué momento troca a madeira en pedra, a turba en carbón, a caliza en mármol?
A historia e a memoria comparten datos, tempo e espazo.
Todo estaba dentro nesa fracción histórica de segundo, o instante gradual.
Instante Gradual é unha peza que Kirenia Martínez Acosta baila en cada ocasión, reprogramando o seu corpo a cada contexto escénico, ambiental e temporal, logo de 20 anos de carreira internacional como bailarina de danza contemporánea.
Instante Gradual vén de abrir os Premios da Cultura Galega 2021. Foi a peza invitada española no programa de artes escénicas da cidade italiana de Matera durante a súa Capital Europea da Cultura 2019 e no Festival dos Eidos, premio Culturgal este mesmo ano, e neste 2021 en Malmö (Suecia) no programa internacional de danza KID.