Primeiro a Vida!

SOBRE A PRODUCIÓN

13

Abril
Coreografía e dirección
Asistencia coreográfica
Produción
Espazo sonoro
Vestiario

Sobre a peza

Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén. Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade. Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda Primeiro a Vida ou Antes a Vida ou Elixir a Vida, tres posibles traducións do verso de Andre Bretón transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio Francés. Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a Vida!

⠀​

Créditos

  • Espazo lumínico: RTA
  • Deseño gráfico: Niko Alvarellos
  • Asistencia de produción: Artestudio Xestión Cultural
  • Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural