Bruno Baw

Compositor

Performances:

Información

Bruno Baw fai fotos, toca a guitarra, pincha e produce desde hai moitos anos. Pasou por grupos de todo tipo (The Blows, Silvia Superstar, The Cobras, Linda Guilala…) e tocou en multitude de festivais, eventos e salas de todo o mundo (UK, Berlín, Buenos Aires, Colonia, Burdeos, Porto…).

Nos últimos anos dedicouse principalmente á produción audiovisual (fotografía e vídeo artísticos, para marcas de moda, bandas, exposicións e publicacións internacionais) e á produción e composición de música electrónica, tanto para lanzamentos propios como para pezas de danza, pezas audiovisuais ou publicidade.

Os seus estudos como Técnico Superior de Son tamén lle permitiron traballar en estudos de gravación e mestura ou en directo con multitude de proxectos.

Como DJ foi e é residente dalgúns dos clubs máis especiais e innovadores desde hai máis de 15 anos (Mondo Club, Radar Estudios, El Monstruo) e é DJ convidado habitual en festivais e salas.

Contact:

derbbbaaawww@gmail.com