Jandro Vila

Vestiario

Performances:

Información

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e tamén nos estudos superiores de Deseño Textil e Moda en E. S. D. E. M. G. A. e mais en Kuopion Muotoiluakatemia (Finlandia).

 

Na súa longa e diversa traxectoria, traballou como deseñador para firmas de moda como Lydia Delgado ou Jesús Peiró. En 2011 recibiu o Premio Nacional ao Mellor Deseñador Novo e outros recoñecementos como o Dedal de Ouro.

 

A súa propia firma, jandrovilla, presentouse en Who´s Next (París), o salón líder en moda feminina de Europa.

 

No área da docencia, formou parte do Máster oficial en Moda, Arte, Cultura e Sociedade na Fundación Universidade da Coruña así como no ensino privado.

 

Na actualidade, traballa como freelance e compaxina a docencia co traballo de estilista e creador para medios audiovisuais, deseño de vestiario, vestiario corporativo e dirección de arte para diferentes eventos e firmas tanto do sector público como no privado. Entre os proxectos máis recentes destaca o vestiario  para a Cía. Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego, Colectivo Glovo, Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Fundación Celta de Vigo ou Esmerarte, así coma outros vencellados as áreas da fotografía, as artes escénicas, a música e a publicidade.

Contact: