Kirenia Martínez Acosta

Bailarina, actriz e coreógrafa

Performances:

Información

Santa Clara, Cuba, 1980 (dobre nacionalidade: española e cubana)

Kirenia Martínez Acosta conta cunha longa traxectoria artística, con máis de 20 anos de experiencia, as súas creacións foron presentadas en varios paises: Cuba, Bélxica, Suecia, Alemania, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría, Grecia, Brasil e Inglaterra.

Actualmente, ademáis da distribución e/ou desenvolvemento das propostas coreográficas das súas compañías Kirenia Danza e Entremáns, segue colaborando en varios proxectos de investigación coreográfica, literaria, e audiovisual con outras entidades de recoñecido prestixio internacional.

Estudos

Título de Nivel Medio Superior de Educación Técnica Profesional, na especialidade de Actuación, pola Escola Nacional de Arte de Cuba (2000)

Título de 1o Nivel de Bailarina de Danza Contemporánea polo Ministerio de Cultura de Cuba (2001)

Experiencia: directora e colaboradora artística de varias compañías, proxectos e festivais

Directora da Cía. KIRENIA DANZA (2019-)

Codirectora e fundadora da Cía. Entremáns (2005-actualidade)

Codirectora artística do Festival Quincegotas da Coruña (2015-actualidade)

Codirectora escénica do Festival dos Eidos (2019-actualidade)

Codirectora artística do Festival Empape da Coruña (2008-2011)

Premios

2001
1º Premio no Festival Danzan-Dos
Matanzas, Cuba
2005
1º Premio na modalidade de sós no Certame Coreográfico de Danza Calvia
Palma de Mallorca
2006
1º Premio de Coreografía no V Certame Internacional de Coreografía coa obra "La cuenca de tus ojos"
Burgos e Nova York
2006
1º Premio de do VI Certame Coreográfico de Galicia

Traxectoria artística: danza, pintura, audiovisual e moda

1997-200
Actriz na Escola Nacional de Artes da Habana, Cuba
1998-2003
Integra a Cía. Danza Teatro Retazos, Cuba
2005
Integra e funda a Cía. Entremans
2006
Coreografía e dirixe pezas como: "En la cuenca de tus ojos", "Hasta que no te lo comas todo" e "A palo seco"
2006-2007
Participa como bailarina na 1ª Produción do Centro Coreográfico Galego "Vacuo" de Maruxa Salas
2007-2008
Participa como bailarina na 2ª produción do Centro Coreográfico Galego "O Quiosco das almas perdidas" de Roberto Oliván
2009
Coreografía e dirixe o Taller de Investigación Coreográfica "Kyra" (2009) para o Centro Coreográfico Galego
2009
Coreografía e dirixe pezas como: "Dejándome", "A medio metro do vivído" e "Concerto Desconcerto"
2010
Asistencia Coreográfica de "Aneis" para Branca Novoneyra
2010
Asistencia Coreográfica "Tulipán" para David Loira
2010
Dirixe xunto a Román Montesinos "Evanescencias" un proxecto fotográfico sobre o espido conceptual e as metáforas visuais
2011
Asistencia Coreográfica de "Game over" para Branca Novoneyra
2011
Asistencia Coreográfica "Dálle vida" de Shlomi Bitton
2011
Bailarina e actriz na vídeo-danza "Blondys Coffee al lado del cuerpo" de Masako Hattori
2011
Modelo para a firma Pisionero da deseñadora galega Rosario Vidal Ferreño
2011
Modelo para a pintora Gosia Trebacz nunha edición limitada "Etnografía" de Vicente Risco da Editorial Boreal
2011
Modelo para a colección "Meat & Dream" do deseñador Gonzalo Vázquez
2011
Coreografía e dirixe pezas como: "39 y medio", "Blondys Coffee, peza soa para dúas mulleres"
2012
Modelo para a colección "Silencio" do deseñador Gonzalo Vázquez
2012
Coreógrafa e modelo do desfile da colección Outono-Inverno "The Black Pleasure" en Maos Habitos, O Porto
2012
Coreógrafa e modelo para "The Black Pleasure" no Paraninfo da USC do deseñador Gonzalo Vázquez
2012
Coreógrafa do desfile "The Black Pleasure" en Maos habitos, (O Porto) e no Paraninfo da Universidade Stgo Compostela
2013
Modelo para o proxecto fotográfico e a exposición "No me importa" de Gosia Trebacz
2015
"Solipsismos" de José Ángel Ríos Casas, Residencia Artística do Centro Coreográfico Galego
2015
Coreógrafa e bailarina do proxecto audiovisual "Adriano tus sueños" xunto á fotógrafa Lupe Vazquez e a pintora Gosia Trebacz en colaboración con Fotoforum Lumen
2015
Coreografía e dirixe pezas como: "Sólo un deseo" e "Xoga", de Artestudio Xestión Cultural
2016
Coreógrafa e bailarina no proxecto audivisual de Gosia Trebacz homenaxe a Federico Garcia Lorca “Chove en Santiago meu doce amor”
2016
Coreógrafa e bailarina de “Astraea”, unha performance xunto á pintora Gosia Trebacz, no Festival Internacional de Teatro FITO, Ourense
2016
Coreógrafa e modelo non proxecto audiovisual “Serenas” en Costa da Morte baixo a dirección de Gosia Trebacz xunto á bailarina Alba Fernández
2017
Coreógrafa e bailarina dentro da intervención artística independente “Pesc@das” dirixida por Gosia Trebacz, no Porto de Caión
2017
Coreógrafa e bailarina da performance “Concerto e Danza” no espazo de Acción Cultural Olalab, en Santiago de Compostela
2017
Coreógrafa e bailarina da performance “Metamorfosis” xunto ao pintor Pablo Orza , dentro do proxecto de Acción Artística Independente “Botánicas” de Gosia Trebacz
2017
Asistencia coreográfica de “Up to Down” para Cía Traspediante
2018
Coreógrafa e bailarina no proxecto Acción Artística Independente coa performance “20Hz -20 Khz” xunto ao pintor Pablo Orza e o músico italiano Ranters Bay
2018
Coreografía e dirixe a peza “Gaia” xunto a Beatriz Pérez
2018
Coreógrafa e bailarina da vídeo-creación presentada na exposición “Art-Disidencias” con poesía de Miguel Anxo Fernán Vello e a dirección de Gosia Trebacz, dentro da plataforma Diversidarte
2018
Coreógrafa nas Xornadas de Fusión Artística-Danza Contemporánea, poesía e arte visual xunto á pintora Gosia Trebacz
2019
Funda e dirixe en solitario Cía. Kirenia Danza
2019
Coreografía e dirixe a peza “Instante Gradual”, coa que foi a primeira bailarina española seleccionada na primeira convocatoria piloto do programa Creative Europe de Mobilidade Europea I-Portunus, para unha residencia artística en Matera, Capital Europea da Cultura 2019 e outras dúas cidades na Rexión da Lucania
2019
Coreografía e dirixe a peza ”A Bella Otero, A bailarina española”, coa asesoría e os versos da escritora Branca Novoneyra, un proxecto de investigación coreográfica gañador do primeiro concurso do I Laboratorio coreográfico da SGAE para apoiar e promover a nova creación contemporánea, avanzado nas salas madrileñas Berlanga e Eduardo Úrculo
2019
Coreografía e interpreta “Vagaface, Brumalión e o Can de Pedra”, conto inédito de Uxío Novoneyra no Teatro Aeroplio de Atenas, no marco da sua colaboración como profesional asesora no proxecto Erasmus+ Capacity Building AESOP de capacitación profesional en producións escénicas baseadas en patrimonio cultural inmaterial da mocidade de territorios susceptibles de activación turística, con socios gregos, brasileiros e vietnamitas. Logo será representado no Festival Salerno Letteratura en Italia
2020
Coreografía e dirixe “Emigrantas” unha coprodución do Centro Coreográfico Galego (CCG-AGADIC) e coa asistencia da escritora Branca Novoneyra. Esta primeira produción da sua compañía Kirenia Danza foi estreada en Londres, Madrid e Santiago de Compostela
2020
Dirixe “Corpo a corpo”, un innovador programa-laboratorio de públicos infanto-xuvenís e femininos rurais de montaña no Xeoparque Unesco Montañas do Courel, apoiada polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21
2020
É seleccionada beneficiaria coa sua compañía Kirenia Danza na convocatoria de Axudas de Creación Escénica do CCG-AGADIC coa secuela e segunda entrega da triloxía de emigrantas: “Os coidados/Primeiro a vida”, actualmente pendente de estrea
2021
É unha das beneficiarias do programa KID – International Dance Program Malmö de Suecia, organizado por Skanes Danskollegium, nos centros Dansstationen e Danscentrum Syd e desenvolve alí unha residencia artística do seu proxecto "Instante Gradual"
2021
Coreografía e dirixe "Tres tristes 2.0", unha coprodución do Centro Coreogáfico Galego (CCG- AGADIC) coa asistencia coreográfica do director e coreógrafo Miguel Azcue da compañía sueca Memory Wax

Contact:

info@kireniadanza.gal