LLXNTO

Compositora

Performances:

Información

LLXNTO é unha artista multidisciplinar. Desde as súas orixes na cidade de Bos Aires, onde comezou a súa faceta musical, primeiro co canto e instrumentos “clásicos” como a guitarra ou a batería e logo decantándose por instrumentos electrónicos e formando parte de diversas bandas, ata a súa chegada a Europa, onde continuou ampliando a súa experiencia con traballos audiovisuais, este proxecto abarca moitas formas de expresión.

LLXNTO produce e grava música, realiza e monta vídeos, modela, crea arte dixital en 3D e participa en multitude de proxectos, ás veces baixo outros alias.

Contact:

llxntos@gmail.com