Información
A Coruña, 1995
Actor e deseñador de vestiario. Titulado superior en Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia, especialízase en Deseño e Dirección Creativa en Moda pola Universidade de Vigo. Complementa a súa formación en teatro físico e danza con profesionais como Guillermo Weickert, Oguri, Elena Córdoba, Natsuko Kono e Stefano Taiuti entre outros.
Profundiza os seus estudos en teatro físico e performance en Tatwerk Performative Forschung (Berlín) e en deseño de vestiario para audiovisual e teatro en Peris Costumes (Madrid). Entre as súas creacións destaca En Silencio (2017), presentada dentro do festival Vigo en Bruto no Teatro Ensalle.
Traxectoria:
2018
Studio assistant - Tatwerk Performative Forschung
2018
Asistente en backstage - Berlin Fashion Week
2019
Actor en "Toda Aspereza", de Pablo Aguilar
2020
Asistente de vestiario - Peris Costumes
2020-2021
Actor en "Primeiro a vida!" de Kirenia Danza
2020-2021
Deseñador de vestiario en "Serva me, servabo te", produción do CDG - Pálido Domingo
2020-2021
Deseñador freelance